As xogadoras do sur da Costa xa teñen o seu álbum de cromos

Despois da emotiva primeira presentación celebrada en Buño, este mércores 26 de marzo tocaba a segunda cita en Muros. Xogadoras e representantes das Miúdas, Esteirana, A Baña, Mazaricos e Outes acodían ao Centro Cultural Xuvenil para vivir este momento de emoción.

María Bardanca estivo presente no acto

A cita contou ademais cunha das grandes referentes do noso fútbol, María Bardanca, integrante da primeira selección Española de Futbol Sala da historia (a comezos dos anos 90), e que asina o prólogo do álbum. A bergantiñá incidiu na idea de que a que queira ir a máis, que vaia, que confíe, pero sempre coa receita do esforzo como algo necesario e fundamental.

O concelleiro de Deportes Damián Torea e a edil de Igualdade Maruxa Martínez facían de anfitrións, e facían entrega dos álbumes ás xogadoras das Miúdas e da Esteirana, mentres que Jorge Villar facía o propio co cadro mazaricán, como dous dos concellos colaboradores da iniciativa.

Damián Torea facendo entrega dos álbumes ás Miúdas
Maruxa Martínez facendo entrega dos albumes á capi da Esteirana
Jorge Villar facendo entrega dos álbumes ao Mazaricos

Maruxa participaba ademais por partida doble, pois ademais de Concelleira tamén é protagonista como porteira do cadro esteirán. Lembrou que ao cumplir 15 anos tivo que deixar de xogar porque non había equipos, e se loubou da revolución que vive o deporte rei en categorías femininas, xa que a día de hoxe temos 30 equipos de 23 clubs en competición.

Ao final as xogadoras puideron comprar os primeiros sobres e houbo que tivo sorte e xa se atopou!!

Leticia, presi e adestradora da Baña, e Maruxa, concelleira e porteira da Esteirana, xa se atoparon

A partir de xa poderán mercar no Kiosco Goya de Muros, no Kino de Esteiro, e en Calzados Peteyra da Picota, ademais de gracias á colaboración da SD A Baña e o Outes CF na cantina do Cunchido en Outes e no campo da Baña.

 

Máis novas do álbum