mércores. 30.04.2025
El tiempo

As xogadoras do sur da Costa xa teñen o seu álbum de cromos

Presentacion album de cromos en Muros
As xogadoras do sur da Costa xa teñen o seu álbum de cromos

Despois da emotiva primeira presentación celebrada en Buño, este mércores 26 de marzo tocaba a segunda cita en Muros. Xogadoras e representantes das Miúdas, Esteirana, A Baña, Mazaricos e Outes acodían ao Centro Cultural Xuvenil para vivir este momento de emoción.

Maria Bardanca na Presentacion album de cromos en Muros
María Bardanca estivo presente no acto

A cita contou ademais cunha das grandes referentes do noso fútbol, María Bardanca, integrante da primeira selección Española de Futbol Sala da historia (a comezos dos anos 90), e que asina o prólogo do álbum. A bergantiñá incidiu na idea de que a que queira ir a máis, que vaia, que confíe, pero sempre coa receita do esforzo como algo necesario e fundamental.

O concelleiro de Deportes Damián Torea e a edil de Igualdade Maruxa Martínez facían de anfitrións, e facían entrega dos álbumes ás xogadoras das Miúdas e da Esteirana, mentres que Jorge Villar facía o propio co cadro mazaricán, como dous dos concellos colaboradores da iniciativa.

Damian Torea facendo entrega dos albumes as Miudas
Damián Torea facendo entrega dos álbumes ás Miúdas
Maruxa Martinez facendo entrega dos albumes á esteirana
Maruxa Martínez facendo entrega dos albumes á capi da Esteirana
Jorge Villar facendo entrega dos albumes femininos ao Mazaricos
Jorge Villar facendo entrega dos álbumes ao Mazaricos

Maruxa participaba ademais por partida doble, pois ademais de Concelleira tamén é protagonista como porteira do cadro esteirán. Lembrou que ao cumplir 15 anos tivo que deixar de xogar porque non había equipos, e se loubou da revolución que vive o deporte rei en categorías femininas, xa que a día de hoxe temos 30 equipos de 23 clubs en competición.

Ao final as xogadoras puideron comprar os primeiros sobres e houbo que tivo sorte e xa se atopou!!

Leti A Bana e Maruxa Esteirana xa se atoparon
Leticia, presi e adestradora da Baña, e Maruxa, concelleira e porteira da Esteirana, xa se atoparon

A partir de xa poderán mercar no Kiosco Goya de Muros, no Kino de Esteiro, e en Calzados Peteyra da Picota, ademais de gracias á colaboración da SD A Baña e o Outes CF na cantina do Cunchido en Outes e no campo da Baña.

Máis novas do álbum

Comentarios