Xa está aquí o álbum de cromos do #FUTFEMDACOSTA

Custou, pero o álbum de cromos do #FUTFEMDACOSTA xa está aquí. Un álbum necesario, para poñer en valor a auténtica revolución do #FUTFEM que se está vivindo na Costa da Morte.
Así o reflexan os datos: Na temporada 21/22 apenas había só 4 equipos en competición (Miúdas e Cee, as pioneiras xunto, Cerqueda e Xallas), e hoxe, 3 temporadas despois, temos máis de 30 equipos en varias categorías, dun total de 23 clubs. Das apenas 80 xogadoras que podería haber na tempada, hoxe contamos máis de 600 xogadoras que serán as protagonistas da colección, xunto ás 7 novas colexiadas da subdelegación costeira.
Queremos facer ademais con este álbum unha viaxe na historia unindo as pioneiras coas novas xeracións de Campionas, pero xa vos daremos máis datos.
Un álbum que nace apoiado polo Grupo As Baleas, e os concellos de Dumbría, Muros, Fisterra, Corcubión, Muxía, Mazaricos, Camariñas, Vimianzo, Zas, Ponteceso, Cabana, Carballo e Malpica.

As presentacións
Esta semana faremos as presentacións, formuladas para os clubes, e abertas a todo o mundo que queira participar. Estas son as datas de presentación:
Martes 25 de marzo |
Mercores 26 de marzo |
Xoves 27 marzo | |
CAT DE BUÑO (20:00) |
CASA DA CULTURA MUROS (20:00h) |
CASA DA CULTURA VIMIANZO (18:00) |
O CONCO DUMBRIA (20:00) |
SD Cabana | SD Esteirana | Sp. Zas | CF Dumbría (3) |
Corme CF | ED As Miúdas | Soneira SD | FSF Fisober (3) |
SD Ponteceso | Outes FC | CF Muxía | UC Cee (4) |
UD Cerqueda (4) | Xallas FC | Camariñas FC | SD Fisterra |
Sp. Seaia | Mazaricos CF | Colexiadas | UD Corcubión |
SD Sofán | SD A Baña | ||
CF Bergantiños B | |||
SCD Pastoriza B | |||