Denuncia que saen ao descuberto uns tubos negros na paraxe de Lires-Nemiña

Así son os tubos que saíron ao descuberto estes días en Lires

Poucas veces acontece, pero a imaxe é tremenda. Uns tubos negros invaden estes días o areal de Nemiña, xusto na desembocadura do río Castro, diante da máxica paraxe costeira de Lires.

Segundo nos informan dende a vila ceense, trátanse de tubos de captación de auga salgada da piscifactoría de troitas de Lires. Tubos que levan arredor de dúas décadas instalados e que, ás veces, por mor das correntes, quedan ao descuberto.

Así nolo fan chegar varios surfeiros da zona, que lamentan ”o tremendo impacto que xeneran” e califican o asunto de “atrocidade”.

Así é a dimensión dos tubos