Denuncia que saen ao descuberto uns tubos negros na paraxe de Lires-Nemiña
13:41 28/02/23
Poucas veces acontece, pero a imaxe é tremenda. Uns tubos negros invaden estes días o areal de Nemiña, xusto na desembocadura do río Castro, diante da máxica paraxe costeira de Lires.
Segundo nos informan dende a vila ceense, trátanse de tubos de captación de auga salgada da piscifactoría de troitas de Lires. Tubos que levan arredor de dúas décadas instalados e que, ás veces, por mor das correntes, quedan ao descuberto.
Así nolo fan chegar varios surfeiros da zona, que lamentan ”o tremendo impacto que xeneran” e califican o asunto de “atrocidade”.
Así loce estes días a desembocadura do río Castro, na máxica paraxe que une a praia de Nemiña co litoral de Lires... pic.twitter.com/ICLIeJHYw4
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) February 28, 2023