Estabilizado o incendio de Nosa Señora da O noutra tarde de lumes tamén en Ponteceso
Esta pasada tarde de sábado 16 de agosto, arredor das 14:00h, conseguíase estabilizar o incendio na parroquia de Nosa Señora da O. O lume iniciábase á 13.13 horas do venres entre Quintáns e Pardiñas, e gracias, a pesar da tardanza na chegada dos medios aéreos, a veciñanza foi controlando o avance do lume arrefriando as zonas colindantes coas súas cisternas e segundo as últimas estimacións quedaron afectadas 23 hectáreas (non 50, como aseguraba a Xunta onte).
A Xunta asegura que se mobilizaron de xeito acumulado para a súa extinción 3 técnicos, 14 axentes, 28 brigadas, 14 motobombas e 1 helicóptero.
Tarde de lume en Ponteceso
E volveu o lume a Ponteceso. De novo, os efectivos aéreos estiveron traballando para sufocar un novo foco en Cerezo, na Graña, onde xa ardera hai unha semana.