sábado. 16.08.2025
El tiempo

A falta de medios provoca que un incendio en Muxía supere as 20 hectáreas

Incendio Nosa Señora da O Muxia 5
Incendio Nosa Señora da O Muxia 5
A falta de medios provoca que un incendio en Muxía supere as 20 hectáreas

Tarde moi tensa en Muxía, na parroquia da Nosa Señora da O, por un incendio que, ás 21:00h, segue activo e xa supera as 20 hectàreas arrasadas.

Saltaba a alarma entre a veciñanza arredor das 13:15, cando dende Sendón se comezaba a ver fume que parecía ser preto de Quintáns. De contado acodiron os veciños cos seus tractores e cisternas para intentar sufocar o lume. E parecía que o conseguían coa única axuda dun par de motobombas ademais da colaboración de Protección Civil de Muxía e de Camariñas, e a Policía Local.

Pero pronto prendía tamén en Pardiñas, moi preto, e os focos foron uníndose, e o incendio foi extendéndose, e non foi ata as 21:00h, 8 horas despois do comezo do incendio, cando mandaron o primeiro medio aéreo, un helicóptero que apenas puido dar unhas poucas pasadas pois ás 22:00h xa se fixo de noite.

Con todo, a Xunta asegura que mobilizou, “de xeito acumulado para a súa extinción 3 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas e 1 técnico”.

Confírmannos dende o lugar que ás 23:00h, en Pardiñas sigue ardendo, estando alí traballando arreo , tanto medios coma veciños, para que non cheguen as casas.De feito, a veciñanza fará garda, cas cisternas cheas, de noite para vixiar que non pase o lume cara A On, e non volva prender nos mesmos lugares.

o fume sobre as casas de Quintans

Incendio Nosa Señora da O Muxia 3

Incendio Nosa Señora da O Muxia

os vecinos de Muxia coas cisternas
Os heroes muxiáns

 

Máis novas

Comentarios