Éxito do terceiro certame de empanadas de rodaballo de Merexo
28 de abril de 2025 (07:19 h.)
Gran acollida tivo o terceiro certame de empanadas de Merexo, organizado pola Asociación Os da Urxeira e en colaboración con Prodemar, e con Guadalupe Vázquez Formoso como madriña
Este ano o certame supuxo unha homenaxe a todas as mans expertas que fixeron que Merexo sexa o que é hoxe, e fíxose entrega dun ramo de flores a Mercedes de Currás, a maior das participantes, en representación de todas esas mans expertas de Merexo.
Os tres gañadores do certame de empanadas, que recibiron un detalle de Prodemar, unha cerámica de Nacho Porto de parte da asociación e exemplares do penúltimo libro de Guadaupe "Alicia no Labirinto das Sombras", foron os seguintes:
- 1° premio: Manolo Santos
- 2° premio: Carmen Suárez
- 3° premio: a americana Martha Johnson