Gran participación no primeiro Certame de empanadas de rodaballo de Merexo
O primeiro certame de empanadas de rodaballo de Merexo, organizado pola Asociación de veciños Monte da Urxeira en colaboración con Prodemar e Stolt Sea Farm, tivo lugar este sábado 1 de abril na escola veciñal de Merexo. Participaron no concurso vinte persoas coas súas respectivas empanadas/empanadillas e fíxose entrega de premios aos tres gañadores.
A escritora Guadalupe Vázquez Formoso entregou tamén premios e agasallos aos nenos e nenas que participaron no concurso de debuxos (temática do rodaballo) despois de lerlles un dos seus contos.
O acto foi acompañado pola agrupación musical “o Revoltixo”, que deleitou aos presentes con música popular galega. Tamén houbo actividades para os máis pequenos.
Os tres premiados do concurso de empanadas foron Walter Hartmann (primeiro premio, entregado por Carlos Tavares, de Prodemar), Rosalía López Santos (segundo premio) e Peregrina Fuentes Vidal (terceiro premio).