Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O segundo concurso de empanadas de rodaballo de Merexo volveu ser un éxito

Segunda edición concurso empanadas de rodaballo de Merexo (2024)
O segundo concurso de empanadas de rodaballo de Merexo volveu ser un éxito

Menuda festa artellaron en Merexo co gallo do II concurso de empanadas de rodaballo de Merexo. Organizado pola Asociación de veciños Monte da Urxeira en colaboración con Prodemar e Stolt Sea Farm, a escola veciñal de Merexo acollía esta mañá de sábado este singular evento. O acto este ano serviu de homenaxe ao poeta local Manuel Trillo Santiago, acompañouse pola actuación de Manolo Delfín, que deleitou aos presentes coa súa música.

Participaron no concurso vinte persoas coas súas respectivas empanadas de rodaballo e fíxose entrega de premios ás res gañadoras, que non foron outras que Rosalía, que levou o primeiro premio por diante de Margarita e Solita

A escritora Guadalupe Vázquez Formoso, madriña do evento, entregou tamén premios aos nenos e nenas do colexio de Os Muíños que participaron no concurso de debuxos para o cartel anunciador do evento.

Ao evento asistiron un centenar de persoas, entre as cales non faltaron Carlos Tavares, de Prodemar, a popular Sandra Vilela, o alcalde de Muxía Iago Toba, e o líder do Partido Independiente de Muxía, Javier Sar.  

Comentarios