A gastronomía de vangarda chega a Muxía

Dous eventos chegan a Muxía en clave de nova gastronomía. O primeiro terá lugar o vindeiro martes 12 de outubro, e chámase Écociña no Camiño, da man de Turismo de Galicia. É unha actividade para dar a coñecer as práctricas sostibles e respetuosas que se están levando adiante en negocios de hostalería do Camiño. Neste caso, a cita será ás 12:00h e será un showcooking no secadoro de congro dos Cascóns.

Ademais, o 26 toca facer outro showcooking pero co Percebe da Barca. A marca presentada o pasado verán colle impulso con esta iniciativa na Lonxa de Álvaro, pensada para que os establecimentos aprendan outras formas de preparar os percebes. Poden inscribirse en ourodoatlántico.com.