Luisa Fernández Diz foi a gañadora da cesta da Ruta dos Pinchos de Muxía

Que as citas gastronómicas son aposta segura na Costa da Morte non cabe dúbida. Muxía é un dos seus exemplos. Nos últimos tempos veñen realizando, sempre que hai actividade festexeira, unha paralela Ruta dos Pinchos, que está revolucionando o sector hostaleiro da vila da Barca.

Tras celebrar o IV Concurso de Tapa Muxiá polo Nadal, tocou entroido, no que non houbo concurso, pero si Ruta. E a gañadora do sorteo da cesta de Entroido foi Luisa Martínez Diz. Foi o propio Alcalde de Muxía, Félix Porto, e o Presidente dos Hosteleiros de Muxía, Álvaro Rodriguez, os que fixeron entrega da cesta á agraciada.

Novas relacionadas

Fonte