Muxía xa camiña cara o mar cunha nova marca turística


O Concello de Muxía vén de presentar un novo proxecto turístico. "Muxía. Camiñando cara o mar" conta co apoio do GAC3, e pretender convertirse nunha potente imaxe de marca a nivel internaciobal. Un proxecto que foi presentado no Touriñán o pasado mes de marzo.
A presentación oficial tiña lugar onte, da man do alcalde de Muxía, Félix Porto, xunto con Manuel Pan de Abertal e Guillermo González Diez representante do GAC. Á cita estaba convocados varios empresarios do sector comercial e turístico que querían coñecer de primeira man este proxecto de posta en valor do patrimonio muxián e promoción do seu atractivo turístico.
Xa o iremos coñecendo polo miúdo pero onte xa indicaron varias accións, como a creación dunha páxina web específica cos recursos turísticos de Muxía; así como un plan de formación para a hostelería; varias propostas recuperación patrimonial e de sinalización da zona do Cabo Touriñán.
Novas relacionadas
- Marzo 2012, presentación do Proxecto: Muxía xa camiña ao solpor cara o mar dende Touriñán.
- Vimianzo, cruce de camiños entre o padal e o mar.
- Muxía reivindícase como epicentro cultural e rebelde da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).