Merexo soplou as velas do 100 aniversario de Eva Castiñeira

100 aniversario de Eva Castineira

Era necesaria. Ata o momento ninguén rendera unha homenaxe de verdade á pandereteira muxiá que puxo nome ás miles de mulleres que manteñen viva a tradición oral do país homenaxeadas este ano pola Letras Galegas. Foi o Camping de Merexo, nun evento artellado por Icía Varela, o lugar escollido para celebrar o 100 aniversario do nacemento de Eva Castiñeira, e a Panillada foi unha auténtica demostración de respecto e de posta en valor da nosa tradición.

O activo camping, convertido en centro cultural da comarca, estaba engalado con pandeiretas, panos, e mesmo un acordeón que lembraba a Pazos de Merexo, compañeiro musical de Eva naquelas panilladas que se celebraban en Castelo ou Agranzón, en San Martiño de Ozón.

Viki Rivadulla, Nerea Gómez, Icía Varela e Xosé Manuel Varela

Moitísima xente e moitísima familia de Castiñeira particiou “nunha xornada emotiva, marabillosa e moi quente”, como describe a propia Varela. Participaron no acto xentes como Tino Maceiras, Xosé Manuel Varela, Xabier Díaz, Viki Rivadulla (que xa nos descubría a Eva na Galería Mulleres en 2013), Manuel Vilar, ou Nerea Gómez (ilustradora do vindeiro libro de Icía e o seu pai “Pandereteiras”), que compartiron as súas lembranzas da artista homenaxeada.

As máis emotivas foron as palabras que leu Juan José, un dos fillos, xunto a Luís, presentes no eventos, antes de soplaren as 100 velas de homenaxe.

Icia Varela co fillo de Eva Castineira

 

As peque Cansorriñas de Camariñas abriron e pecharon o acto cantando a “Danza de Eva Castiñeira”, e despois foise animando a Panillada.

Máis novas