Tras ver o capítulo dedicado ás Pandereiteiras de Mens, rescatamos hoxe o que a Real Academia Galega dedica á muxiá Eva Castiñeira.
Esta peza conta coa participación de Tereixa Novo, Carmen Vázquez e Pedro Lucas (Fuxan os Ventos), Felisa Segade (Leilía) Martín Mondragón (Mondra), Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras (Caamaño&Ameixeiras), o alumnado do CEIP Os Muíños (Muxía) e integrantes do Regueifa Tour.