Música electrónica e natureza “Comarea” para loitar contra a dictadura da verbena 

Parte da familia muxiá do Comarea Electronic Experiencie

Un grupo dunhas 20 persoas, rapazada na súa maior parte, forman a familia do Comarea Electronic Experiencie. Están absolutamente involucrados nestes proxecto para darlle por fin nesta V edición, un perfil profesional, despois dun par de edicións máis familiares e outras dúas xa convertidas no maior evento electrónico #OpenAir do verán galego.

O Comarea é un festival de música electrónica e natureza, que collerá o relevo dese formato festivaleiro que deixou orfo o finado V de Valarés. O marabilloso entorno da praia dos Muíños acollerá a cita este verán. 

E a realidade é que Comarea ten un produto espectacular, pero son coscientes de que non pode medrar demasiado. “Hai que ser sostibles, e os de Costas sempre nos andan enriba. De feito pídennos, eentre outras cousas temos que poñer un valado da finca privada na que facemos o evento con estacas de madeira e cordas.


Imaxe do Comarea 2017

Dinamizando o tecido cultural

“Gústanos todo tipo de música... menos a das orquestas!”, relata entre risas Manu Nogueira, un dos organizadores, tendo a firme convicion de que na zona “estamos algo atrasados en temas de música”. De feito, sabe que boa parte das 900 persoas que disfrutaron do festival o ano pasado chegaron de outras partes de Galicia. “Hai que renovarse e por iso queremos promocionar e activar a vida cultural da Costa da Morte”, anima. 

 

Numerosas actividades

Música, natureza e tamén deporte e arte, pois haberá actividades paralelas como talleres de arte crebeira con Lucía Alcaina, unha das grandes culpables do transformador proxecto “Muros do Nordés”.

Novas relacionadas