Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Comarea, o maior evento electrónico #OpenAir do verán galego

Comarea, o maior evento electrónico #OpenAir do verán galego
https://www.facebook.com/ComareaElectronicExperience/videos/453895264971450/

Queremos achegarnos a outra das singulares propostas musicais deste verán. Ao máis puro estivo VdeValaré, pero en clave electrónica, cambiando a area pontecesá pola muxiá da marabillosa Praia dos Muíños, subindo lixeiramente os baixos… Estamos no Comarea Electronic Experience.

Un festival que se celebrará o sábado 8 de xullo, e que terá na conexión entre natureza e música o seu punto forte, convertindo á praia muxiá no maior escenario electrónico #OpenAir do verán galego!

Os directores artísiticos do festival, Wake Up Electronic Parties traerán nomes como Dennis Ferrer, Edu Imbernon, Terrence Parker, The International DJ Extraordinaire, Cora Novoa, Nasser Baker, Isma B., Bárbara Lago, Sergio Capelán e Edgar Cal & #Skais.

”Que mellor plan para un sábado de xullo, que estar con amig@s, aillado de todo, rodeado de natureza e bailando mentras se pon o sol”, apuntan para convencernos.

comarea Electronic Festival en Muxia

Xa podes ir reservando entradas na oficina de Correos ou en www.entradasatualcance.com.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios