Martes. 23.04.2024
El tiempo

O Muros do Nordés transforman as rúas de Muxía nun espazo de acción

O Muros do Nordés transforman as rúas de Muxía nun espazo de acción
O Muros do Nordes encheu de cor o cole de Muxia O Muros do Nordés encheu de cor o cole de Muxia A pasada fin de semana o proxecto "Muros do Nordés" tomou as rúas de Muxía. E o novo formato da terceira edición deste evento lúdico-cultural (organizado pola asociación xuvenil Comarea coa colaboración do concello de Muxía) foi todo un éxito. E un dos principais elementos a destacar foi o alto nivel dos talleres impartidos por profesionais como a artista Nana, os membros do colectivo Retoque Retro, e polo o veciño muxián José Valencia. Pero dentro das actividades tamén houbo xogos, unha xurelada e a intervención da artista Doa Oa. muros-do-nordes-muxia Veciños e veciñas de varias xeracións saíron á rúa para participar nos distintos talleres Segundo a organización, o novo formato destes talleres fixo que non tiveran tanta afluencia de asistentes como nas edicións pasadas, ainda que agardan que para o próximo ano o público se anime a participar."Sabemos que, de primeiras, ofrecer un taller que non sexa común na oferta cultural do concello como foi o taller de Sticker Art, era un risco a correr pero temos claro que nos seguiremos arriscando. Estamos moi interesados en seguir ofrecendo novidade e talleres deste calibre para o ano que vén porque a sensación que che deixa no corpo é de gratitude e alegría", sinalan os organizadores. O que si destacou en canto a participación foi o taller de Astronomía que incluso deixou sorprendidos aos organizadores. Despois destes meses de intenso traballo, o proxecto conseguiu cumprir un dos seus obxectivos que non era outro máis que facer das rúas de Muxía un espazo de acción. E iso conseguiuse cun programa de interesantes actividades como o xogo interactivo realizado o sábado pola tarde e no que participaron un bo número de mozos e mozas que fixeron das rúas un bo punto de enconro entre xeracións e aprendizaxe sen límites. muros-do-nordes A pasada fin de semana a asociación xuvenil Comarea organizou unha nova edición do proxecto "Muros do Nordes"

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/muros-do-nordes-para-tomar-as-ruas-de-muxia-a-golpe-de-cultura/ “Diálogo interxeracional entre os Muros do Nordés da Lonxa de Muxía” — Que pasa na costa   Fonte

Comentarios