Muxía aproba un Plan de 20 obras por 2,5 millóns de euros

O pleno deste xoves de Muxía deixa unha lista de melloras que supoñen un investimento de 2,5 millóns de euros, divididos en tres bloques principais de accións.

Primeiramente, coin cartos municipais, o concello abordará, por un total de 881.000€:

  • A mellora nas estacións depuradoras.
  • A construción de novos vestuarios e melloras nas infraestruturas no campo de fútbol.
  • A compra dun camión grúa para optimizar a xestión do punto limpo.
  • A rehabilitación da cuberta de servizos múltiples.
  • A construción dun Centro Social no baixo do mercado.
  • A rehabilitación da antiga escola dos Muíños.
  • A remodelación da planta baixa do edificio consistorial para a reubicación do CIM (unha proposta criticada pola oposición).
.

Obras en execución, licitación ou adxudicación

Hai outras obras que actualmente en proceso de execución, licitación ou adxudicación, que suman uns 420.000€:

  • Os camiños interiores de Fumiñeo.
  • As melloras en Touriñán e Moreira.
  • A depuradora de Trasufre.
  • O camiño de Vilachán a Morquintián.

POS

Ademais, o POS provincial xa aprobou, por 470.000€:

  • Acondicionamento de camiños interiores en Talón e de viais en Quintáns.
  • A construción dun parque biosaudable para maiores na zona do Coido.
  • A pavimentación de camiños interiores en Frixe e Bardullas.
  • Adquisición dun vehículo para Protección Civi.
  • O proxecto de mellora da contorna do Santuario da Virxe da Barca.

Estrada a Touriñá

E cómpre sumar os 636.000 euros da estrada a Touriñán, unha necesidade dende hai anos.