Martes. 19.03.2024
El tiempo

Primeiras discrepancias ante a proposta de reestruturación das oficinas do Concello de Muxía

Casa do Concello de Muxia
Casa do Concello de Muxía
Primeiras discrepancias ante a proposta de reestruturación das oficinas do Concello de Muxía

No marco do plan de conteción contra o COVID o alcalde de Muxía Iago Toba vén de propoñer facer unha reestruturación do edificio do Concello. Cambios como poñer na planta baixa o CIM ou trasladar o Xulgado de Paz ao mercado, unhas medidas para mellorar a accesibilidade a persoas maiores nun edificio de tres plantas, con ascensor.

As primeiras reaccións parten da voceira do PP muxián, Sandra Vilela, que considera a reestruturación “improvisada” e “sin sentido”. O que máis lle preocupa é que “se vaia a mover o CIM para a planta baixa do concello xunto con todos os demais servicios xa que o CIM está colocado de forma estratéxica por unha cuestión de privacidade”.

Tampouco lle parece que teña sentido o cambio das oficinas do Xulgado de Paz, pois “obrigas ós veciños a ter que desprazarse a outro edificio noutra ubicación”.

Comentarios