Muxía aproba un Plan de 20 obras por 2,5 millóns de euros
10:06 29/05/20
O pleno deste xoves de Muxía deixa unha lista de melloras que supoñen un investimento de 2,5 millóns de euros, divididos en tres bloques principais de accións.
Primeiramente, coin cartos municipais, o concello abordará, por un total de 881.000€:
- A mellora nas estacións depuradoras.
- A construción de novos vestuarios e melloras nas infraestruturas no campo de fútbol.
- A compra dun camión grúa para optimizar a xestión do punto limpo.
- A rehabilitación da cuberta de servizos múltiples.
- A construción dun Centro Social no baixo do mercado.
- A rehabilitación da antiga escola dos Muíños.
- A remodelación da planta baixa do edificio consistorial para a reubicación do CIM (unha proposta criticada pola oposición).
Obras en execución, licitación ou adxudicación
Hai outras obras que actualmente en proceso de execución, licitación ou adxudicación, que suman uns 420.000€:
- Os camiños interiores de Fumiñeo.
- As melloras en Touriñán e Moreira.
- A depuradora de Trasufre.
- O camiño de Vilachán a Morquintián.
POS
Ademais, o POS provincial xa aprobou, por 470.000€:
- Acondicionamento de camiños interiores en Talón e de viais en Quintáns.
- A construción dun parque biosaudable para maiores na zona do Coido.
- A pavimentación de camiños interiores en Frixe e Bardullas.
- Adquisición dun vehículo para Protección Civi.
- O proxecto de mellora da contorna do Santuario da Virxe da Barca.
Estrada a Touriñá
E cómpre sumar os 636.000 euros da estrada a Touriñán, unha necesidade dende hai anos.