Muxía promove os singulares secadoiros de congro cun programa de visitas guiadas
O secado do congro é unha forma tradicional de conservación do peixe que solo se conserva en Muxía. Tradicionalmente houbo secadoiros ao longo de toda a costa galega, pero só seguen en funcionamento os de Muxía. De aí a importancia de poñelos en valor, toda unha tradición aínda en marcha como actividade económica.
Dende o Concello muxián consideran pois que “estos secadoiros son un valor cultural, patrimonial e etnográfico que non debe desaparecer e que contribúen a unha oferta turística de calidade de Muxía e ao mantemento da cultura mariñeira que caracteriza a nosa vila”.
Con este obxectivo, o Concello de Muxía establece un calendario de visitas guiadas para este outono, se ben ramén poden solicitar visitas os centros educativos do municipio datas diferentes das fixadas:
- Sábado 25 de outubro , ás 12 horas.
- Sábado 8 de novembro, ás 12 horas.
- Sábado 22 de novembro, ás 12 horas.
- Sábado 6 de decembro, ás 12 horas.
Máis información e inscricións
A inscrición é totalmente de balde.
As persoas que desexen visitar os secadoiros poden anotarse nas datas sinaladas, chamando ao teléfono do Concello de Muxía ou a través de correo electrónico: Teléfono: 981 74 20 01 (preguntar polo departamento de cultura) Mail: maria.rivadulla@muxia.dicoruna.es As inscricións irán completando o cupo de cada quenda.Novas relacionadas
- Unha viaxe en vídeo camiñando cara ó mar de Muxía.
- O congro de Muxía puido secar ao sol de setembro.
- A esperanza dunha tradición que seca ao vento do mar .
- A Costa en Verde: O roteiro do congro.
- Recunchos da Costa: O secadoiro de congrios de Muxía.
Fonte
- Concello de Muxía.