martes. 13.05.2025
El tiempo

Muxía promove os singulares secadoiros de congro cun programa de visitas guiadas

Muxía promove os singulares secadoiros de congro cun programa de visitas guiadas
Un ollo de congro en Muxia

O secado do congro é unha forma tradicional de conservación do peixe que solo se conserva en Muxía. Tradicionalmente houbo secadoiros ao longo de toda a costa galega, pero só seguen en funcionamento os de Muxía. De aí a importancia de poñelos en valor, toda unha tradición aínda en marcha como actividade económica.

Dende o Concello muxián consideran pois que “estos secadoiros son un valor cultural, patrimonial e etnográfico que non debe desaparecer e que contribúen a unha oferta turística de calidade de Muxía e ao mantemento da cultura mariñeira que caracteriza a nosa vila”.

Con este obxectivo, o Concello de Muxía establece un calendario de visitas guiadas para este outono, se ben ramén poden solicitar visitas os centros educativos do municipio datas diferentes das fixadas:

  • Sábado 25 de outubro , ás 12 horas.
  • Sábado 8 de novembro, ás 12 horas.
  • Sábado 22 de novembro, ás 12 horas.
  • Sábado 6 de decembro, ás 12 horas.

Máis información e inscricións

A inscrición é totalmente de balde.

As persoas que desexen visitar os secadoiros poden anotarse nas datas sinaladas, chamando ao teléfono do Concello de Muxía ou a través de correo electrónico: Teléfono: 981 74 20 01 (preguntar polo departamento de cultura) Mail: maria.rivadulla@muxia.dicoruna.es As inscricións irán completando o cupo de cada quenda.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios