Muxía sumérxese no xadrez

Completa fin de semana esta segunda de outubro arredor do xadrez. Tras pasar por Fisterra e Camariñas, desta volta o xadrez chega ás orixes, de onde partiu toda esta iniciativa. Unha iniciativa, esta de conseguir artellar todo un Torneo Internacional de Xadrez, o máis importante do país, ata os Faros da Costa da Morte. Unha iniciativa que parte dun clube pequeno, humilde, pero con iniciativa. Unha iniciativa que parte dun home soñador, que compaxina a súa profesión de percebeiro co seu amor polo xadrez, e por espallar o xadrez pola zona.

E abofé que o consegue o bo de Santiago Pérez, responsable do Clube de Xadrez Cabo Touriñán, o xérmolo de todo isto.

E mentres os 5 campións mundiais seguen competindo día tras día, con partidas retransmitidas pola rede a todo o mundo a través da canle chessfaros.blogspot.com.es, as actividades paralelas completan a proposta. Unha proposta que consegue que todo o mundo do xadrez mira durante unha semana a unha esquina de Europa.

Charlas nas escolas, conferencias, visitas guiadas... todo un mundo arredor do xadrez.

Así que sen máis, invitámosvos a que comprobedes a dimensión destas xornadas, deste torneo, que xa aseguran terán continuidade nos vindeiros anos, e se colocará como punto indispensable no circuito mundial deste deporte.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).