BeirAtlántica: O Percebe da Barca tamén ten a súa ruta
26 de setembro de 2022 (10:34 h.)
”BeirAtlántica” é o novo roteiro turístico co que xa conta Muxía. Trátase do terceiro proxecto de dixitalización desenvolto cos fondos europeos por parte dos Percebeiros de Muxía arredor da marca “Percebe da Barca: Tesouro Atlántico”.
Da man do fotógrafo Luís Polo, abriuse o percorrido circular de 3km, que permite descubrir Muxía desde unha perspectiva diferente; formulado para atraer desenvolvemento, turismo e crecemento económico a Muxía.
Xa podedes dar unha volta polo Roteiro Virtual BeiraAtlántica con Santi.
NOVAS RELACIONADAS
- Xullo 22: O Tesouro Atlántico do #PercebeDaBarca xa ten un envase á súa altura.
- Decembro 21: Os percebeiros da Barca aprenden a vender o seu produto doutras marcas galegas afianzadas.
- Setembro 21: "Percebe a Barca, Ouro Atlántico", a nova marca do marisco de Muxía