Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Tesouro Atlántico do #PercebeDaBarca xa ten un envase á súa altura

Manuel Vilar e Santi Perez co tesouro do Percebe de Muxia
O director do Museo do Pobo Galego, o muxián Manuel Vilar e o percebeiro da vila Santi Perez presentando o novo envase do PercebeDaBarca
O Tesouro Atlántico do #PercebeDaBarca xa ten un envase á súa altura

Presentaba hoxe no Museo do Pobo Galego a Asociación de Profesionais Percebe da Barcaos avances da súa marca: PercebeDaBarca #OuroAtlántico. Unha campaña de marketing para poñer no seu lugar un produto tan especial, tan singular, co gallo de fidelizar ao consumidor a través da garantía de cadalide. “Porque non é ouro todo o que reloce nin Percebe de Muxía todo o que se comercializa como tal”, explican os promotores.

Dende o pasado ano, a campaña está trasladando ao imaxinario colectivo esa vinculación entre o ouro e o marisco muxián a través das redes sociais… Agora toca “tanxibilizar o produto” e revestilo da elegancia e luxo. De aí o novo envase que conquista os padais a travñes dos ollos.

Percebe de Muxia un tesouro

Na campaña hai tamén un componente de loita contra o furtivismo, unha situación realmente grave da que, precisamente falaremos esta semana tras un novo episodio.

Rede de establecimentos

En www.percebedabarca.com podedes ver os máis de 100 establecimentos adheridos, moitos a través da Federación de Prazas de Abastos de Galicia e da Asociación de Hostalería de Galicia.

Cen cofres. Cen destinos. Cen Tesouros que compartir

A Campaña TesOruroAtlántico creou 100 cofres de medio quilo de percebe de calidade suprema. 70 serán distribuídos en peixarías de Prazas de boa parte de Galicia para ser postos ao dispor do consumidor. En dez deles hai escodido un PaseDeOuro que premiará á persoa posuidora cunha cea para dúas persoas nun dos restaurantes da rede. 20 cofres de 1 quilo con percebe Premium das pedras DaBarca irán parar, mediante sistema de poxa, a restaurantes da nosa rede. E 10 cofres de ½ quilo entregaranse como premio ás dez persoas que completen con éxito o xogo en liña NaProcuraDoTesouroAtlántico ao que se pode acceder desde a pestana “Xogo Tesouro” da nosa web www.ouroatlántico.com.

PUJApp para compradores e NaProcuraDoTesouroAtlántico para os consumidores

A relación entre percebeiros e compradores quere dar un paso máis. Así Os compradores poden descargar en www.ouroatlántico.com a APP PUJApp para profesionailizar a venda.

Para os consumidores está aberta a ferramenta de advergaming geniallystyle composta por dez preguntas formuladas en dez pantallas interactivas que buscan demostrar canto saben os internautas dos produtos do mar, da dieta atlántica e do PercebeDaBarca.
As dez primeiras persoas que completen o xogo, cheguen á última pantalla e compártana no seu muro de Facebook ou Instagram, resultarán agraciadas cun dos CofreDoTesouro con medio quilo de PercebeDaBarca de calidade suprema.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios