Piden unha homenaxe ás outras 6 muxiás que axudaron a Dorothé Schubart a crear o Cancioneiro Popular Galego

Dorothé Schubarth con Elisa da China e Delfina da Ghuapiña na súa visita de 1979- Foto da colección de Antón Santamaría

Ademais de Eva Castiñeira, unha das figuras nas que a RAG personaliza a homenaxe ás Cantareiras e Pandereteiras nestas Letras Galegas, Muxía tamén ten outras moitas mulleres que foron fundamentais na trasmisión xeracional da cultural oral e popular. 

De feito, no "Cancioneiro Popular Galego" , a recollida que fixo a suiza Dorothé Schubart coa axuda de Antón Santamarina, cuxos fondos están preservados no Museo do Pobo Galego como parte do patrimonio inmaterial galego, hai máis mulleres de Muxía que foron informantes.

E nese sentido, dende o BNG piden que se celebren actos de homenaxe, elaboración e publicación de documentación na que se recollan as súas figuras e se saliente a súa aportación, así como mediante a colocación de placas nos seus lugares, designación de lugares públicos ou outras iniciativas que axuden a dar visibilidade á súa aportación.

O grupo nacionalista quere destacar a contribución cultural do municipio de Muxía “ao patrimonio de todos os galegos e galegas, homenaxeando tamén ás persoas recollidas como informantes por Dorothe Schubarth en varias parroquias e lugares do concello”, e que son:

  • Delfina Trillo Vilela (Delfina da Ghuapita), de Añobres (Moraime).
  • Elisa Sánchez Varela (Elisa da China), de Añobres (Moraime).
  • Esperanza Trillo (Dna. Esperanza), de Lourido (Moraime).
  • Mª Ester Álvarez Baliña, de Santa Mariña (San Pedro de Coucieiro).
  • Dolores Búa Barrientos (Lola da Rasqueta), de Muxía (Santa María de Muxía).
  • Francisco Canosa Barrientos, “O Nemiñán”, de Risamonde (Moraime).
Dorothe Schubarth (de fronte á esquerda) con Delfina Trillo (de perfil) e Elisa Sánchez (de costas) na súa visita a Muxía

“Muxía destaca, polo tanto, por ser un dos poucos que conta no seu patrimonio cultural con dous homenaxeados do Día das Letras; o primeiro en 1971, Gonzalo López Abente, e o segundo neste 2025, a Eva Castiñeira, veciña de Agranzón”, subliñou a formación nacionalista, que engadiu que “podemos dicir que somos unha anomalía cultural con fachenda:  somos un concello de artistas!”. 

 

 

Máis novas