Rescatado un home nunha furna de Muxía
31 de xullo de 2019 (13:09 h.)
Rescatado un home nunha furna de Muxía
Esta pasada tardiña, un completo dispositivo de salvamento por terra, mar e aire, tiña que ser mobilizado para rescatar unha persoa que quedaba nunha zona rochosa de difícil acceso, preto da Furna do Andaluz, en Muxía.
Foi o propio home, de fala francesa, o que contactou co 112 ao quedarlle atrapada unha perna entre as rochas.
Finalmente Salvamento Marítimo e Protección Civil da localidade, foron quen de acceder á zona cunha embarcación e trasladar ao home ao porto deportivo en perfecto estado de saúde.
O helicóptero Helimer voltou a base así como a ambulancia do 061, que non necesitou intervir, unha vez que o home só necesitaba axuda para saír da furna.
Novas relacionadas
- Xuño 19: Prot. Civil, Policía Local e tres pescadores salvan a vida doutro que caera ao mar en Muxía.
- Maio 19: Un percebeiro tivo que ser rescatado en Muxía tras mancarse nun pé.