Martes. 17.09.2019
El tiempo

Un percebeiro tivo que ser rescatado en Muxía tras mancarse nun pé

Helicoptero Helimer de Salvamento Maritimo no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee
Helicoptero Helimer de Salvamento Maritimo no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee
Un percebeiro tivo que ser rescatado en Muxía tras mancarse nun pé

Esta mañá, arredor das 8:15h, un percebeiro chamaba ao 112 para avisar que un compañeiro se mancara nun pé na zona da Percebosa, na punta da Buitra, na parroquia de San Xulián de Moraime, en Muxía. Non estaban preto da auga pero si de difícil acceso. Emerxencias envíaba á zona 061, garda Civil, Policía Local e Protección Civil de Muxía, ademais dos Bombeiros de Cee.

Ademais, Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia participaron no rescate, sendo de feito o Helimer de Salvamento o que procedía ao rescate e trasladaba ao percebeiro ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Novas relacionadas

Comentarios