Rescatado un home nunha furna de Muxía

13:09 31/07/19
Rescatado un home nunha furna de Muxía
Esta pasada tardiña, un completo dispositivo de salvamento por terra, mar e aire, tiña que ser mobilizado para rescatar unha persoa que quedaba nunha zona rochosa de difícil acceso, preto da Furna do Andaluz, en Muxía.
Foi o propio home, de fala francesa, o que contactou co 112 ao quedarlle atrapada unha perna entre as rochas.
Finalmente Salvamento Marítimo e Protección Civil da localidade, foron quen de acceder á zona cunha embarcación e trasladar ao home ao porto deportivo en perfecto estado de saúde.
O helicóptero Helimer voltou a base así como a ambulancia do 061, que non necesitou intervir, unha vez que o home só necesitaba axuda para saír da furna.