Un Nadal exquisito en Muxía

Xa coñecimos varios programas culturais de cara ao nadal. Pero facemos especial fincapé no de Muxía porque nos parece tremendamente completo. Onte xa coñeciamos a proposta xacobea en clave poética para esta fin de semana. Pero é que o programa de Nadal trae moito máis. Unha das apostas que máis nos gustan é ese II Concurso da tapa muxiá que se desenvolverá as fins de semana de 11 e 12 e 18 e 19 de decembro. En sabendo o ben que funcionan todas esta clase de iniciativas gastronómicas, e lembrando o ben que funcionou o ano pasado, este ano era obrigatorio repetir. Este ano xa son 9 establecimentos os paticipantes, que ofrecerán cousas como esra que vemos, un Champiñón recheo do Porto.

Programa Completo

  • Venres 4 de decembro: Xornada Muxía no Camiño.
  • Martes 7 de decembro: Xornada familiar lúdico- deportiva con xogos tradicionais, inchables, etc… No polideportivo municipal, a partir das 16:30 h.
  • Mércores 8 decembro: Contacontos “Loco conto de Nadal” con DUENDE SICO; ás 19:00h no Salón de Actos.
  • Venres 10 de decembro: Teatro Compañía Dequenquén coa obra “As Palilladas”; ás 20: 30 horas no Salón do Voluntariado-
  • Venres 17 de decembro: Acto de inauguración da Mostra Catro Miradas adicado a Rosalía de Castro. Casa das Beiras ás 20:30 h) coa intervención do Alcalde, Félix Porto, a artista Luz Darriba, a poeta Rosalía Fernández e as Pandereteiras de Muxía.
  • Sábado 18 decembroTeatro Compañía Malasombra co espectáculo “O DÍA DO PAI” ás 20:00 horas.
  • Domingo 26 de decembro e 2 de xaneiro Belén vivinte, ás 18:00h da tarde no Polideportivo.
  • Do 27 ao 31 de decembroObradoiros de Nadal para nenos. Información e inscrición no Concello.
  • Mércores 5 de xaneiroFesta de reis, no Polideportivo.
  • Xoves 6 de xaneiroConcerto da Coral Virxe da Barca, ás 19:00h no Salón de Actos.
  • Venres 7 de xaneiroActuación para público familiar co grupo Os Tres Tenedores no Salón de actos ás 19:00h.

Mostras

  • “ELAS SEMPRE ESTÁN” (do 2 ata o 15 de decembro. Casa das Beiras)
  • MOSTRA DE FOTOGRAFÍA “MUXÍA NO CAMIÑO” (do 4 ao 14 de decembro no Centro Social)
  • “ELAS FAN CAMIÑO” (do 16 de decembro ao 31 no Centro Social).
  • “CATRO MIRADAS” MOSTRA DE PINTURA E ESCULTURA de Lorena Lappe, Viki Rivadulla, Fátima Fortea e Susana Llorente (do 17 de decembro de 2010 ao 16 de xaneiro de 2011 na Casa das Beiras).

Novas relacionadas

Fonte