Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Peregrinos e poetas toman o camiño muxián

Peregrinos e poetas toman o camiño muxián

Doble e interesante proposta cultural a que nos ofrece o Concello de Muxía para esta fin de semana. O sábado 4 de decembro, a partir das 17:00h, o salón de actos do voluntariado de Muxía acolle unha charla-coloquio baixo o título "Peregrinos no Camiño". Estarán presentes grandes especialistas como Antón Pombo, Carmen Pugliese, Manuel Marinho e Begoña Valdomar, e o propio alcalde Félix Porto fará de moderador.

A cita servirá ademais para facerlle entrega aos gañadores dos premios do Maratón Fotográfico Ramón Caamaño. Xa saben que o gañador do primeiro premio foi Marcos Rodríguez.
Así mesmo farase entrega das compostelanas aos peregrinos/as que fixeron o Camiño co Concello.

Recital poético

E non acaba aí a cousa, xa que a partir das 19:00h terá lugar un Recital de poetas da Costa da Morte, como aquel no que os Feros Corvos do Batallón Literario trocaron os seus versos mariñeiros.
O recital será presentado por Paco Souto contarán coa intervención de María Lado, Suso Bahamonde, Rivadulla Corcón, Rosalía Fernández , Paco de Tano, e Aleixandre Nerium.

Ao remate convidarase a uns pinchos aos asistentes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Muxía.

Comentarios