Un Nadal cheo de teatro en Fisterra

08:22 01/12/10



Programa
As actividades comezan o venres 10 de decembro cun taller de elaboración de centros de mesa de Nadal na casa da Cultural de Sardiñeiro. Este taller repetirase o sábado 18. O propio sábado 11 toca teatro na casa da cultura de Sardiñeiro. "Teatro del Andamio" trae "A verdadeira historia dos 3 porquiños" a partir das 19:00h. O domingo 12 toca de novo teatro dos Bolechas na Lonxa de Fisterra (fermosa está a Lonxa coma un teatro) con Caramuxo Teatro, a partir das 19:00h. Para a semana seguinte, o domingo 19 de decembro toca contos mariñeiros, con Teatro Ghazafellos, desta volta ás 19:00h na Lonxa. O venres 24, o día de noiteboa, celebrarase co Belén vivinte cantando panxoliñas pola vila, dende as18:30h. A partir das 19:30h Papa Noel visitará a praza da Constitución (se chove no Salón de Actos do Concello). A resaca navideña celebrarase o domingo 26 cunha boa Festa de Nadal no Pavillón a partir das 1800h, onde haberá bailes, xogos.... E o programa remata o 5 de xaneiro coa visita dos Reis Magos. Pola mañá irán polas aldeas e pola tarde comezarán ás 16:30h en Sardiñeiro e continuarán ata o centro da vila.Novas relacionadas
- A Lonxa de Fisterra convertiuse nun fermoso teatro.
- O Concello de Fisterra prepara unha morea de actividades culturais ata o Nadal.
- Fisterra volve unirse a través do poemas de María José Lago Traba.
- O Soliloquio de Susana Alvite: Limpando conciencias.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).