Xan Fernandez Carrera guiará unha nova ruta para descubir Muxía
14 de agosto de 2013 (09:25 h.)
As Caldeiras do Castro. Ese é o fermoso destino da nova ruta do Programa "Descubre Muxía", do Concello de Muxía.
Así o explicaba onte na presentación o investigador carballés-muxián, autor deste programa de roteiros que deseñou para este verán, e que el mesmo fai de guía.
Son moitos os puntos de interese que se visitarán como os hórreos de Trasufre, a Capella da Virxe do Espiño ou a Casa dos Pazos de Senande.
A ruta farase este venres 16 de agosto, con saída en bus ata as Caldeiras e logo a pé nun roteiro circular, e xa pode anotarse quen desexe participar, nas oficinas do Concello.
Máis información
- Concello de Muxia: Trítico da Ruta polas Caldeiras do Castro.
Novas relacionadas
- BIComún: Reflexionando sobre o noso patrimonio.
- Duelo de acordeóns interxeracionais en Muxía.
- Programa Cultural Municipal: Menudo verán que espera en Muxía.