sábado. 05.07.2025
El tiempo

Xan Fernandez Carrera guiará unha nova ruta para descubir Muxía

Xan Fernandez Carrera guiará unha nova ruta para descubir Muxía
Felix Porto e Xan Fernandez Carrera presentando unha nova ruta do programa Descubre Muxia

As Caldeiras do Castro. Ese é o fermoso destino da nova ruta do Programa "Descubre Muxía", do Concello de Muxía.

Así o explicaba onte na presentación o investigador carballés-muxián, autor deste programa de roteiros que deseñou para este verán, e que el mesmo fai de guía.

Son moitos os puntos de interese que se visitarán como os hórreos de Trasufre, a Capella da Virxe do Espiño ou a Casa dos Pazos de Senande.

A ruta farase este venres 16 de agosto, con saída en bus ata as Caldeiras e logo a pé nun roteiro circular, e xa pode anotarse quen desexe participar, nas oficinas do Concello.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios