Hoxe xoves, 4 de agosto de 2011, o alcalde de Muxía, Félix Porto, presentará xunto a Xan Fernández Carrera o roteiro cultural da Praia do Lago, Leis, A O, San Martiño de Ozón e Merexo. Será dende o mediodía no Salón de Plenos do Concello.
Esta ruta ven engadirse ao Programa "Descubre Muxía” do Concello de Muxía en colaboración con Xan Fernández, e do que xa se elaboraron unha ruta pola vila de Muxía, unha ruta ata os Muíños e outra ruta ata O Monte Facho de Lourido.
O Programa “ Descubre Muxía” é un programa de roteiros culturais , dos que é autor Fernández Carrera , e que cada ano edita un folleto descriptivo de cada unha das rutas propostas, con elo preténdese contribuír a un maior coñecemento do patrimonio municipal e dotar ás persoas interesadas dunha guía práctica para poder facer a ruta no momento que queiran.
Esta cuarta ruta é unha ruta circular que parte da praia do Lago e regresa a ela percorrendo os puntos de maior interese cultural e natural dos lugares citados. O Concello editou para acompañar a ruta un folleto que fixo o autor da mesma , Xan Fernández.
A presentación faise hoxe, pero a ruta a pé, e guiada, percorrerase o día 13 de agosto. Tódalas persoas que queiran facer a ruta guiada poden anotarse no Concello de Muxía, no teléfono 981 742 001.