Venres. 29.03.2024
El tiempo

7 mercados ecolóxicos para 7 meses

7 mercados ecolóxicos para 7 meses
Hai dúas semanas viamos os resultados do Mercado Ecolóxico de Quilmas da man da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa. Pois ben, o éxito que tivo a cita multiplicou as posibilidades, i é que dende a organización van organizar unha cita destas características cada mes, entre abril e outubro. Segundo explican, o 7 é o número que elexiron pola “importancia que tiveron sempre as estrelas coma indicadoras do paso do tempo e as estacións”. O 7 é un número ligado a este mundo, xa que hai dúas constelacións que fixan o comezo da primavera, e con isto, das segas, das colleitas e da navegación polo mar. Son grupos de 7 estrelas que están visibles dende abril ata outubro, nun periodo de 7 meses. Vindeira cita O vindeiro mercado terá lugar o sábado 13 de agosto e verase complementado o 14 de agosto cunha xornada de interese cultural, con roteiros e actividades como charlas, debates, proxeccións e música. Para participar nestas actividades, hai que dirixirse ao enderezo electrónico [email protected] ou nos teléfonos 697 364 124 e 981 760 227.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Cooperativa de Agricultura Ecolóxica Raínha Lupa de Quilmas.

Comentarios