200 deportistas gozaron do esixente Duatlón de Reis de Vimianzo
Preto de 200 deportistas chegados de todos os puntos da xeografía galega participaron este domingo na XVII edición do Dúatlon de Reis de Vimianzo.
O percorrido foi ao mesmo que nos últimos anos, mantendo un trazado xa coñecido para aqueles que ano tras ano repiten na competición.
Elsa Pena e Martín Barreiro proclamáronse vencedores cuns tempos de 1:50:44 e 1:31:28 respectivamente, no que foi a única proba destas características que se celebrará en Galicia durante 2026.
Entregaron os premios a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Sergio Miñones; o delegado provincial da Federación de Tríatlon da Coruña, Gustavo Álvarez Nogueira e varios representantes do Club de Tríatlon Costa da Morte.
Como vén sendo habitual, houbo varias categorías: a súpersprint, con saída ás 9:30 horas, e a estándar, cuxa saída foi ás 11:30 horas. Na primeira incluíanse o Campionato Galego en distancia supersprint para as categorías cadete, xuvenil e junior e a proba popular; na segunda o Campionato Galego en distancia estándar e a proba de relevos.
A organización ofreceu ao final da proba todo un clásico: o tradicional chocolate e roscón de Reis para poñer punto e final a unha mañá de deporte na Terra de Soneira.