Sábado. 02.11.2024
El tiempo

O Duatlón Val de Soneira decidiu o Campionato Galego

  • A muxiá Barca Toba quedou ás portas do Campionato Galego.
  • O coristanqués Cristian Muíño tamén subiu ao 2º chanzo do poido da proba vimiancesa.
Duatlon Vimianzo
Imaxe da proba á saída da Praza do Concello
O Duatlón Val de Soneira decidiu o Campionato Galego

Celebrouse este domingo o Duatlón Val de Soneira, decisivo para o Campionato Galego. Había moita expectación para recibir e animar aos máis de 300 deportistas que participaban. Entre ele, ademais de moit@s deportistas costeir@s do Triatlón Costa da Morte, atopábase Nagore Martínez (Club Deportivo Pinarium), triatleta con displasia ósea que recibiu un detalle do Concello de Vimianzo pola súa valentía e afouteza.
Tamén a olimpista galega Julia Vaquero recibiu un detalle do seu club, o Inforhouse de Santiago.

O día, soleado e fresco, era ideal para unha proba destas características, organizada polo Concello de Vimianzo e a Federación Galega de Atletismo, cunha despregadura de seguridade formado por membros de Protección Civil de 9 Concellos ademais da Policía Local de Vimianzo e Muxía.

Duatlon Vimianzo 2022 podio fem
A muxiá Barca Toba quedou no segundo chanzo do podio

Había máximo interese sobre todo na proba feminina, onde Aida López (Inforhouse Santiago) e a muxiá Barca Toba (Cidade de Lugo) chegaban empatadas a puntos. Foi finalmente a compostelá a que vencía, deixando a nosa deportista nunha máus que meritoria 2ª praza, por diante de Andrea Iglesias Carballido (Cidade de Lugo). Foi Carlota Pazos Suena a primeira deportista do Triatlón Costa da Morte, chegando en 16ª posición.

Duatlon Vimianzo podio masculino
Podio masculino

O título do campionato masculino xa chegaba co nome de Gustavo Santiago (Tríatlon Poio), pero este non puido rematar a carreira. Aproveitou Asier Calahorra (Tri-Penta Terras de Lugo) para gañar a carreira, por diante do coristanqués Cristian Muíño (Inforhouse Santiago) e Ismael Medard Facundo (Triatlón Arteixo). Quedou ás portas do poido o muradán Manu Dosil (Club Ciclista Muros), mentres Francisco Paius Fondo foi o primeiro (15º) do Triatlón Cost ada Morte.

Si que houbo un par de accidentados, que foron atendidos polo médico. Na entrega de premios estivo a corporación vimiancesa e o presidente da Federación Galega de Triatlón.

Comentarios