3 deportistas do Kárate Do Carballo participan esta fin de semana no Campionato de España coa Selección Galega

Segue medrando a familia do Karate Do Carballo, no marco dunha disciplina que non conta con axuda algunha de patrocinios e case coa única aportación económica de proxenitores e socios, O club está a levar o nome de Carballo e a Costa da Morte por España, neste caso concreto, viaxa ao Campeonato de España Infantil de Kárate que se vai celebrar estes 9 e 10 de maio no Palacio dos deportes de Oviedo.

Alí, estarán, convocadas coa Selección Galega, 3 deportistas do club carballés:

  • Uxía Mariño Carballeiro na modalidade de Kumite Xuvenil >52kg
  • Helia Iglesias Cotelo na modalidade de Kumite Xuvenil <37kg
  • Daniela García García na modalidade de Kata Infantil Femenino

Realizados os sorteos para coñecer os tatamis nos que competirán e as rivais nos cruces da competición, está confirmado é que Uxía competirá os sábado 9 no Tatami 7 a partires das 18:20, Helia competirá tamén o sábado 9 pola tarde a partires das 17:55 horas no Tatami 1 mentres que Daniela participará na súa modalidade o Domingo 10 pola mañá, a partires das 09:00h. no Tatami 6.

Máis novas