Alejandro Felpeto e Daniela García rozaron as medallas na Final da Liga Nacional de Karate
09:45 16/12/25
Non puideron volver con medalla, pero a experiencia xa vale ouro. Ata Tenerife se desprazaban esta pasada fin de semana os deportistas do Karate Do Carballo para participar na final da Liga Nacional. 𝗗𝗮𝗻𝗶𝗲𝗹𝗮 𝗚𝗮𝗿𝗰í𝗮 (Kumite xuvenil +52kg) e a 𝗔𝗹𝗲𝗷𝗮𝗻𝗱𝗿𝗼 𝗙𝗲𝗹𝗽𝗲𝘁𝗼 (Kumite sénior -84kg) metíanse entre os 8 mellores de España e a piques estiveron de colarse no podio, e as medallas escapáronse por mínimos detalles.
Así e todo, a familia carballesa segue dando grandes pasos, e pecha con esta experiencia a Liga2025.


