O ACB infantil pechou unha completa temporada caendo nas semis da Copa Coruña

O infantil masculino do ACB Costa da Morte caeu na semifinal da Copa Coruña nun partido emocionante e igualado ata o último minuto. Os de Manuel Vázquez pechan así unha grandísima temporada. 

 

En canto ao partido, comezaba cos visitantes pagando os nervios dun partido como este e os locais se aproveitaron para, a través do rebote ofensivo e do acerto en ataque, para rematar o primeiro cuarto cunha amplia ventaxa (21 - 7 min. 10). 

Unha vez comezou o segundo cuarto, foron desaparecendo os nervios e comezaron os mellores minutos de xogo dos costeiros, pero que non eran capaces de reducir o acerto rival e a desventaxa no marcador (38 - 24 min. 20). 

O paso polos vestiarios sentou ben aos de Manuel Vazquez e se achegaron no marcador ata poñerse a 8 puntos con 10 minutos por xogar (49 - 41 min. 30) xogando os mellores minutos do partido. 

O partido seguia moi igualado e pese a que os de Cambre se volveron ir por riba dos 10 puntos, os costeiros se aferraron ao partido e chegaron aos últimos minutos con 6 puntos de desventaxa (58- 52 min. 36). No cara ou cruz esta vez os visitantes non foron quen de defender con efectividade e os locais anotaron varias canastras decisivas que levaron unha diferenza (69 - 56) que nin moito menos reflexa o que foi o partido. 

Gran traballo dos xogadores costeiros que rematan a temporada cun 6º posto na fase de inverno, 7º na liga regular e 3º na Copa Coruña. 

 

Máis novas