venres. 22.05.2026
El tiempo

Fin dunha gran temporada para a familia do ACB Costa da Morte

Familia do ACB Costa da Morte 25-26
Familia do ACB Costa da Morte 25-26
Fin dunha gran temporada para a familia do ACB Costa da Morte

Remata a temporada para a meirande parte dos equipos do ACB Costa da Morte. Unha temporada de aprendizaxe e de gran labor social e educativa, que afianza o camiño dos vindeiros cursos.

No deportivo, o máis salientable foi a derrota do Sénior Masculino Blanco en Betanzos. O cadro de Manuel Vázquezcaía por 20 puntos (80-60) no partido de volta dos oitavos de final da Copa. Non foron capaces os xogadores costeiros de manter a renta de 17 puntos que traían do partido de ida e se viron superados nos instantes finais da eliminatoria.

Comezou o partido cos betanceiros apretando na súa defensa e sen deixar facer o seu xogo aos visitantes, aínda así conseguiron sobrepoñerse e tras minutos de intercambios de canastras, remataba o primeiro cuarto con ventaxa local (16-13).
O segundo cuarto mantivo a mesma tónica e incluso os costeiros chegaron a poñerse a un punto (25-24 min. 14), pero tras varias triplas locais, o marcador ao descanso se foi ao 37-31.
Tras o paso polos vestiarios, o partido mudou completamente. Os árbitros se fixeron os auténticos protagonistas do encontro e castigaron constantemente aos visitantes con faltas (o cal levaba aos locais á liña de tiros libres en case tódalas accións) mentras permitía a dureza defensiva dos betanceiros. Esto fixo que o equipo local se fose achegando cada vez máis á remontada (62-47 min.30).
O último cuarto foi todo un exercicio de supervivencia dos de Manuel Vázquez mentras a tensión na pista se ía trasladando cada vez máis á bancada (onde os insultos, protestas e faltas de respeto aos locais foron constantes). Os locais se poñían con ventaxas por riba da vintena de puntos grazas aos tiros libres e ao acerto na tripla, chegando ao último minuto onde a falta de acerto e decisións arbitrais cuestionables (unha técnica a Santi por enfadarse con un compañeiro ou persoais onde non había ningún contacto) inclinaban a balanza a favor dos locais. Na última xogada, unha tripla á desesperada de Jorge non entrou e así finalizaba a temporada do noso senior.

Felicitar ao equipo senior pola gran temporada feita, onde remataron na metade da tabla con 9 victorias e, por sobrepoñerse neste partido a un ambiente que moi pouco ten que ver co baloncesto.

CADETE E INFANTIL

Quédalle un partido ao cadro cadete esta fin de semana na Compañía de María na Coruña para pechar a Liga Regular, despois do bo partido disputado esta pasada semana ante o CB Esclavas B, cun resultado 48 - 38 para os herculinos.
Tras un primeiro cuarto totalmente nefasto por parte dos costeiros (17-2 min.10) onde non foron capaces nin de atacar nin de defender como habitualmente, foron quen de sobrepoñerse a volver ao partido tras un bo segundo cuarto e irse aos vestiarios con só 8 puntos de desventaxa (24-16 min. 20).
A segunda parte foi un encontro moito máis igualado e incluso os costeiros chegaron a poñerse a 4 puntos no último cuarto gracias á velocidade dos seus xogadores exteriores, pero varias decisións controvertidas dos árbitros e o acerto dos locais fixo que o partido se lles escapase das mans.

Pola súa parte, os infantís caeron tamén por 10 puntos ante o CB Arteixo 2012, nun choque no que se xogaban a sexta posición na clasificación final da liga regular.
Comezaba o partido con 30 minutos de retraso pola tardanza do árbitro e dita tardanza parece que afectou excesivamente ao colexiado.
Todas as súas decisións durante o partido foron unha lotería e non mantivo ningún tipo de criterio, facendo moi difícil xogar aos rapaces.
Aínda así, foi un partido moi igualado e emocionante durante os 40 minutos, levando os ánimos a un pavillón de Brens cheo de xente.
Finaliza así a liga regular do equipo infantil nunha máis que meritoria séptima posición final e comeza a vindeira semana a Copa.

Máis novas do ACB

 

Comentarios