O AD Zas espalla o pinpon tamén entre as persoas con diversidade

O entrenador zaseiro Miguel Rey con Liso xogando en cadeira
  • O AD Zas Ponciano Nieto é líder dao Gr. Centro da 3ª Nacional  ao remate da primeira volta

Fermosas xornadas as que se viven estas semanas no pavillón de Zas coa visita dos usuari@s da Asociación Íntegro. O AD Zas, na súa política de inclusión e de promoción do tenis de mesa, realizaron varios adestramentos coa rapazada con diversidade funcional do centro cabanés, gonzando deste divertido deporte.

Varios de Integro xogando entre eles

Líderes

Xa no meramente deportivo, continúa a competición e ao remate da primeira volta a mellor nova é o liderato do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª Nacional Gr. Centro. Cunha soa derrota, os soneiráns están empatados a puntos co Arteal 3 no alto da táboa.

Para iso este pasado sábado venceron ao Lalín TM por 4-1, onde tanto Miguel Rey coma Roi Sixto superaron, non sen dificultades, aos correosos e veteranos lalinenses, Unha mágoa que se lle escapase a vitoria no seu partido a Alex Blanco pois ía 2-0 a favor e non soubo rematar ante un rival inferior pero as confianzas e precipitacións páganse.

Por outra parte en 1ª Galega o Pinturas Figueiras sifríu unha ante o lider Zoolandia Conxo por 0-4, e acaban así os soneirans esta primeira volta no medio da táboa. Os Julio Figueiras, Nico Pazo e Fran Paz non puideron vencer ningún partido.

Vindeira xornada

Para a vindeira xornada xa empeza a segunda volta cun desprazamento asequible para o AD Zas Ponciano Nieto ata A Estrada. Máis difícil será a saída para os de 2ª Galega a Cambre, mentres que os de Vimianzo reciben aos de Arteal.

Estes son os horarios:

  • Venres 20 ás 18:00 en Zas: 2ª División Galega: AD Zas O Pinar - AD Zas Cafeteria Talladas.
  • Sábado 21 de xaneiro ás 17:00h:
    - No pazo de Xerlís de A Estrada; 3ª Nacional Gr. Centro: nacional centro: TOP Spin A Estrada - AD Zas Ponciano Nieto.
    - No IES Terra de Soneira; 1ª Galega Gr. Centro: VTM Pinturas Figueiras - Arteal Compostela 4.
  • Sábado 21 ás 18:00h en Cambre. 2ª Galega:
    - Ás 16:00h: Cambre Anceis - AD Zas Cafetería Talladas.
    - Ás 18:00h: Cambre Anceis - AD Zas O Pinar.

Novas relacionadas