O AD Zas espalla o pinpon tamén entre as persoas con diversidade
- O AD Zas Ponciano Nieto é líder dao Gr. Centro da 3ª Nacional ao remate da primeira volta

Fermosas xornadas as que se viven estas semanas no pavillón de Zas coa visita dos usuari@s da Asociación Íntegro. O AD Zas, na súa política de inclusión e de promoción do tenis de mesa, realizaron varios adestramentos coa rapazada con diversidade funcional do centro cabanés, gonzando deste divertido deporte.

Líderes
Xa no meramente deportivo, continúa a competición e ao remate da primeira volta a mellor nova é o liderato do AD Zas Ponciano Nieto na 3ª Nacional Gr. Centro. Cunha soa derrota, os soneiráns están empatados a puntos co Arteal 3 no alto da táboa.
Para iso este pasado sábado venceron ao Lalín TM por 4-1, onde tanto Miguel Rey coma Roi Sixto superaron, non sen dificultades, aos correosos e veteranos lalinenses, Unha mágoa que se lle escapase a vitoria no seu partido a Alex Blanco pois ía 2-0 a favor e non soubo rematar ante un rival inferior pero as confianzas e precipitacións páganse.
Por outra parte en 1ª Galega o Pinturas Figueiras sifríu unha ante o lider Zoolandia Conxo por 0-4, e acaban así os soneirans esta primeira volta no medio da táboa. Os Julio Figueiras, Nico Pazo e Fran Paz non puideron vencer ningún partido.
Vindeira xornada
Para a vindeira xornada xa empeza a segunda volta cun desprazamento asequible para o AD Zas Ponciano Nieto ata A Estrada. Máis difícil será a saída para os de 2ª Galega a Cambre, mentres que os de Vimianzo reciben aos de Arteal.
Estes son os horarios:
- Venres 20 ás 18:00 en Zas: 2ª División Galega: AD Zas O Pinar - AD Zas Cafeteria Talladas.
- Sábado 21 de xaneiro ás 17:00h:
- No pazo de Xerlís de A Estrada; 3ª Nacional Gr. Centro: nacional centro: TOP Spin A Estrada - AD Zas Ponciano Nieto.
- No IES Terra de Soneira; 1ª Galega Gr. Centro: VTM Pinturas Figueiras - Arteal Compostela 4. - Sábado 21 ás 18:00h en Cambre. 2ª Galega:
- Ás 16:00h: Cambre Anceis - AD Zas Cafetería Talladas.
- Ás 18:00h: Cambre Anceis - AD Zas O Pinar.
Novas relacionadas
- Decembro 22: Volveu o pinpon de altura ao pavillón de Zas.