Volveu o pinpon de altura ao pavillón de Zas
Sábado de intenso tenis de mesa no pavillón de Zas. Sobre todo co enfrentamento entre os dous primeiros clasificados do Grupo Centro de 3ª Nacional, dos dous equipos que deberían estar na parte alta da clasificación de 2ª nacional pero cada temporada é distinta. Así viviuse o enfrentamento entre Roi Sixto e Pablo Lois en partido oficial, foron compañeiros de equipo fai anos en Arteal e coñecianse moi ben. O resultado final non reflexa a igualdade nos sets e no xogo.
Logo os outros dous partidos individuais tamén foron moi disputados e que se resolveron a favor dos de Arteal por eses mínimos detalles, e así foi como os de Arteal, case sen contar con elo, víronse cun marcador claro e amplo antes dos dobres. Reaccionaron moi ben os de Zas no dobre gañandoo con claridade. Logo Roi Sixto sufriu para superar a xoven promesa nacional como é Mateo Lois por 3-2, Esto dou moitos ánimos aos locais e sobre todo a Raúl López que xogou un excelente partido contra Pablo Lois pero foi superado por este por 3-1, cuns resultados nos sets moi axustados plasmando a igualdade do partido. Quedaron os de Zas con moi boas sensacións deste enfrentamento, sobre todo polo xogo despregado deixanto patente que todos están a un gran nivel agora mesmo. Esto deixa a liga aberta pois no partido de volta poden superalos a pouco que se afinen os detalles. Para eso queda moito camiño e outros enfrentamentos que tamén hai que superar.
Por outra parte tamén se disputaron os encontros de 2ª Nacional femenina, categoría de iniciación femenina donde se viron as promesas do tenis de mesa de Naron e de Zas, mellor dito de Cee pois foron desta localidade as que xogaron no equipo de Zas. Gañaron os dous enfrentamentos as locais, non sen apuros pero é que cando empezan os resultados a veces son imprevisibles.
Resultados parciais dos encontros
- AD Zas Ponciano Nieto - Arteal Compostela 3 (2-4)
Roi Sixto - Pablo Lois (0-3).
Miguel Rey - Mateo Lois (1-3).
Raúl López - Pedro Lois (1-3).
Dobre (Miguel/Roi) - Mateo/Pablo) (3-0).
Roi Sixto - Mateo Lois (3-2).
Raul López - Pablo Lois (1-3) - AD Zas Femenino - Narón Femenino (3-1).
Elena Paz - Lia Vila (0 -3).
Helena Otero - Sabela García (3-0).
Dobre (Elena/Helena) - (Lia/Sabela) (3-0).
Elena Paz - Sabela García (3-0) - AD Zas Femenino - Cidade de Narón (3-2).
Helena Otero - Valeria (3-1).
Elena Paz - Bella (3-0).
Dobre (Elena/Helena) - (Valeria/Bella) (2-3).
Elena Paz - Valeria (1-3).
Helena Otero - Bella (3-1)
Choque en Sigüeiro
O domingo 9 deportistas desprazaronse ata Sigüiero para disputar unha nova xornada da Liga Malov, que se disputa unha vez ao mes e reune aos entusiastas do tenis de mesa de toda Galicia, sobre todo aos que están empezando. Conseguiron todos moi bos resultados, incluso mellores dos que esperaban xa que non teñen a presión do resultado a pesar de que cada un imponse moita.
Vindeira citaO vindeiro sábado 10 de decembro hai unha concentración comarcal escolar de tenis de mesa en A Baña na que se darán cita os escolares de Cee, Camariñas, Vimianzo, Zas, Outes, Noia, Bertamiráns e Barouta. En total daranse cita uns 80 escolares que practican este deporte nas distintas escolas deportivas de tenis de mesa. O horario sera de 4 a 7 da tarde.