AD Zas e VTM dominaron o Campionato Intercomarcal de tenis de mesa de base
Fin de semana completa para os dous clubs soneirán de tenis de mesa, tanto nas ligas, como no Campionato Intercomarcal celebrado en Zas.
Campionato Intercomarcal de base
O pavillón de Zas viviu a festa do tenis de mesa de base, na que os dous equipos costeiros demostraron estar ao mellor nivel de Galicia.
A familia do AD Zas, conseguiu gañar 4 de 5 probas, sumando ouros en benxamín, alevín masculino, alevín feminio, e cadete, quedando tamén subcampión infantil.
Pola súa banda, o VTM Vimianzo foi o concello da comarca que máis participantes achegou a este campeonato, conseguindo tamén subir ao podio en todas as categorías. E saca peito aí o club, dando conta da lista de agarda que xa ten para poder inscribir e formar máis crianzas.
Na Liga, a un paso do título
Ademais, xa nas Ligas, e pesar do tropezo pola mínima da pasada fin de semana, o VTM Pinturas Figueiras pode facer historia este próximo sábado e conseguir o Campeonatode de 1ª División Galega de tenis de mesa. Xogará na cidade da Coruña no polideportivo municipal do Barrio das Flores ás 17:00h ante o CTM Coruña "A" o seu último partido de liga desta temporada, Tera que gañar (3 puntos ) ou de non ser así esperar a que o Conxo TM non consiga 10 puntos nos 2 partidos qud lle restan. Será un partido complicado xa que o seu rival está loitando por non descender.
Pola súa parte, a familia do AD Zas tivo boas novas esta pasada finde, coas vitorias do Ponciano Nieto na 2ª Div. Nacional (en Lugo por 4-2); a do AD Zas Axiña Telecom na 1ª Galega no derbi fronte o Vimianzo por 3-2; e a do Pinar por 4-1 ao Conxo TM.