O VTM segue líder da 1ª Div. Galega
07:39 16/04/26
Desplazabanse os de Vimianzo ata a Coruña o pasado sábado para disputar unha nova xornada de 1ª Div. Galega. Previase un encontro igualado como o da primeira volta en Vimianzo (3/2 para o VTM), pero desta volta o VTM, formado por Budi, Nico Paz, Julio, Paco Paz gañou con contundencia. Con este triunfo os vimianceses seguen líderes do seu grupo a falta de 4 xornadas para rematar a liga.
Mala xornada para o AD Zas
Pola contra, o AD Zas Ponciano Nieto sufriu unha derrota en Coruña en 2ª Nacional ante o Club del Mar por 4-3.
Ademais, na 1ª Galega, AD Zas O Pinar caeu 1-4 ante o Oroso Rios Sangiao.


