Alejandro Felpeto estrea a Liga Nacional de Kárate coa medalla de bronce
21 de xaneiro de 2026 (11:05 h.)
Segue competindo a primeiro nivel estatal a familia do Karate Do Carballo, que esta pasada fin de semana levaba a 3 deportistas á 1ª xornada da Liga Nacional de Karate que se celebrou en Valdepeñas.
Ata alí se desprazaban Alex Felpeto, Carlos Felpeto (kumite senior -84kg) e Daniela García (en cadete -61kg). Se ben Carlos e Daniela non puideron avanzar rondas, Alejandro si que volveu co bronce en categoría Kumite senior -84kg, todo un éxito.