O ceense Daniel Caamaño, bronce no campionato de España cadete

Daniel Caamaño á dereita do poido

Daniel Caamaño volveu dar unha alegría á parroquia de Cee conseguindo unha meritoria 3ª praza no Campionato de España celebrado esta fin de semana en Cartagena.

O ceense superaba oitavos e cuartos de final con relativade facilidade e só caía en semifinais por un punto.

Dende o Club TKW Juan de Cee queren dar a meirande "Noraboa ao noso deportista que estamos seguros que nos dará moitas alegrías".